Beiras na tribuna do parlamento // Imaxe: https://twitter.com/En_Marea

Santalices volve tomala con Beiras

Nun revival da lexislatura anterior o presidente do Parlamento reprocha a Beiras que aplaudira unha intervención de Luís Villares.

Xosé Manuel Beiras acudiu ao Parlamento de Galicia para ver o debate do estado da nación que se celebrou no día de onte. Durante a dura intervención que Luís Villares lle adicou a Alberto Núñez Feijoo, Beiras aplaudiu e foi nese momento que Santalices lle reprendeu a Beiras como anos antes na bancada e indicoulle que non podía facer manifestacións dende a grada do público.

Beiras, acostumado aos rifirafes co presidente do parlamento, levantouse de inmediato e abandonou o debate acompañado por outros membros de En Marea que tamén se atopaban na tribuna do público.

Son coñecidos os desencontros parlamentares entre o Presidente do Parlamento e Xosé Manuel Beiras. Durante a pasada lexislatura, cando Beiras foi voceiro de Alternativa Galega de Esquerda, foron moitos os momentos nos que se encararon. Fontes de En Marea indicaron que “seguramente Santalices lle tiña gardada algunha daquela época e hoxe quixo desquitarse aproveitando que Beiras non tiña oportunidade de réplica”.

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies