En Marea empraza ao PSOE a aceptar as emendas aos orzamentos antes do debate da totalidade

A coordinadora de En Marea, reunida na tarde do luns, emprazou ao Partido Socialista a pronunciarse e asumir as 300 emendas presentadas aos Orzamentos do Estado antes do debate de totalidade.

En Marea esixiu o compromiso explícito do PSOE con estas emendas como garantía de que os orzamentos do Estado contribúan eficazmente a xeración de renda e riqueza en Galicia, coa mellora da súa cohesión social e territorial e a creación de emprego. Segundo indicaron “sen este compromiso, a posición de En Marea permanecerá invariable na súa negativa ao apoio aos orzamentos. Por iso reclamamos do PSOE unha posición sobre as emendas previo ao debate de totalidade, como condición necesaria para a súa continuidade.”

Aposta pola negociación

Segundo explicou a organización confluínte, “a actitude de En Marea durante estas semanas, renunciando a presentar unha emenda de totalidade e apostando pola negociación e o diálogo, ten que ser agora correspondida cun xesto político acorde coas expectativas que a cidadanía galega ten depositada na axenda galega do cambio”.


 

Debe En Marea votar a favor dos orzamentos do Estado?

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies