Imaxe: http://www.dependenciasocialmedia.com/

Aumenta o devalo demográfico en Galicia

Só 13 concellos teñen máis nacementos que mortes en Galicia, onde hai 30 anos que non se da un saldo vexetativo positivo no conxunto da Comunidade.

 Segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística do ano 2017, só 13 concellos galegos teñen máis nacementos que mortes, sendo o municipio con máis nacementos Ames, xunto con Arteixo, Oroso e Cambre.

Pontevedra é a provincia que conta con máis concellos da referida situación, atopándose entre eles O Porriño, Salceda de Caselas, Poio, Pontecesures, Oia e Soutomaior.  

En Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas son os únicos concellos onde aumentaron os nacementos, xunto con Burela en Lugo, o único municipio da provincia con saldo vexetativo positivo.

Fai 30 anos, segundo apuntan os datos, que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo no conxunto da Comunidade. En 2017 faleceron 31.962 persoas en Galicia, 13.517 máis das 18.445 que naceron. Os datos son peores que no 2016, onde houbera 12.695 mortes máis que nacementos.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies