Imaxe: https://www.facebook.com/seccionsindicalccoo.concellodepontevedra

CCOO ponse do lado do PP para reclamar que ENCE continúe na ría

O sindicato Comisións Obreiras anuncia mobilizacións para a continuidade da pasteira na ría de Pontevedra.

CCOO lanzou un comunicado responsabilizando ao goberno do estado de forzar o traslado de ENCE. Nunha rolda de prensa, o secretario de organización de CCOO en Pontevedra, José Luís Pedrosa, cualificou a decisión de “persecución de políticos locais iluminados que están fora da realidade”. O responsable de organización do sindicato anunciou que estaban preparando mobilizacións para o período de campaña electoral para defender a continuidade de Ence e da cloreira Elnosa na ría de Pontevedra.

Coincidencia co Partido Popular

CCOO coincide, deste xeito, coa postura do Partido Popular en Galicia. A formación de Feijoo sempre foi firme defensora da continuidade da pasteira na ría e do modelo forestal de plantacións de eucalipto que conleva o modelo de ENCE.

É moi probable que ás mobilizacións de CCOO se sume o Partido Popular e incluso se especula que á mobilización puidera acudir o presidente da Xunta de Galicia, que xa fixo declaracións en deffensa da permanencia da factoría na ría, ou algunhas persoas destacada do seu goberno.

 

No es momento de demagogia, el caso ENCE es un problema MUY GRAVE, y la empresa lo ha dicho bien claro o permanencia o cierre. Ahora BNG Y POSE le toca hablar con la misma claridad y flaqueza. O permanencia o CIERRE, DESAPARICIÓN DE PUESTOS TRABAJO Y PÉRDIDAS ECONÓMICAS.

Posted by CCOO Concello Pontevedra on Venres, 29 de Marzo de 2019

 

Portas xiratorias

Ence conta no seu consello de administración con numerosos membros con vinculación recoñecida co Partido Popular. Forman parte de dito consello:

  • Isabel Tocino: Ex Ministra de Medio Ambiente no estado
  • Carlos del Álamo: Ex conselleiro de Medio Ambiente nos gobernos de Fraga
  • Fernando Abril-Martorell Hernández: Fundador de UCD e ex deputado desa formación por Valencia

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies