Afundimento do PSOE e irrupcion da extrema dereita de Vox nas eleccións andaluzas

O PSOE queda con 33 escanos que xunto coa caída de Adelante Andalucía pode permitir que a dereita goberne por primeira vez a comunidade andaluza.

Entre o PP con 26 actas, Ciudadanos con 21 e Vox con 12 suman 59 escanos, catro máis dos necesarios para a maioría absoluta mentres o PSOE afundese ate os 33 deputados (perde 8 puntos e 14 escanos, o peor resultado da súa historia), e a coalición Adelante Andalucía quedase con 17, tres menos que a suma que tiñan Podemos e IU.

A extrema dereita irrumpe con forza no parlamento cun discurso xenófobo e antifeminista, sendo Almería a provincia donde acada un maior apoio, e logrando ademais acadar representación en todas as provincias andaluzas.

Á espera de pactos para saber o que acontece co goberno

Tanto o candidato do PP, Juanma Moreno, como o de Ciudadanos, Juan Marín, xa se posicionaron como candidatos á presidencia de Andalucia e non descartaron pactar con Vox para conseguilo a pesares que o partido de Santiago Abascal xa advertiu que calquera acordo pasaría por aceptar o seu programa político. 

Por outra banda, a actual presidenta Susana Díaz, anunciou que buscaría o entendemento para configurar un goberno que bloquee o ascenso ao poder da extrema dereita, e Teresa Rodriguez, candidata de Adelante Andalucía, fixo unha chamada á facer fronte á extrema dereita e a pelexar por conservar os dereitos das minorías e das clases traballadoras do pais.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies