Xulio Ferreiro arroupado pola súa corporación durante unha comparecencia // Imaxe: https://mareatlantica.org

O 40% do grupo de goberno da Marea Atlántica non repetirá

Catro concelleiros do goberno de Xulio Ferreiro renunciaron a ir na nova candidatura.

Nestes dous últimos días sucedéronse as renuncias a continuar na corporación coruñesa de edís do goberno de Xulio Ferreiro.

O primeiro en facelo foi o concelleiro José Manuel Sande, titular das áreas de Cultura, Deporte e Coñecemento que anunciou mediante un chío na rede social Twitter a súa marcha.

Ao anuncio de Sande seguírono os propios de Daniel Díaz Grandío, concelleiro de Mobilidade Sostible e de Eugenia Vieito Blanco, concelleira de facenda e administración

A última e quizais non a derradeira en renunciar a acudir na lista da Marea Atlántica foi Rocío Fraga, concelleira de Igualdade e Diversidade, que tamén comunicou a súa decisión a través da rede social Twitter:

Augas revoltas na Marea Atlántica

A renuncia do 40% dos seus representantes institucionais a volver a estar nas listas electorais da formación deixa ao descoberto o delicado momento que está a vivir a formación liderada por Xulio Ferreiro.

Eran continuos os rumores dentro da militancia da Marea Atlántica que se ían a producir cambios nas listas electorais do próximo maio. Tamén se sabe que moitas das renuncias teñen moito que ver con discrepancias internas sobre como se levaron conflictos nos que se veu involucrada a formación.

O conflicto vivido en En Marea tamén está dentro dos motivos. Iago Martínez, xefe de gabinete do alcalde, era un defensor acérrimo da implicación activa para derrotar a Luis Villares e Xulio Ferreiro seguiu a estratexia ditaminada polo seu home de confianza. Non toda a corporación estaba de acordo entendendo que meterse non traería nada bo para o grupo de goberno e menos facendo seguidismo de Podemos xa que entendían que as presións polos postos que exercía a formación morada sobre En Marea pronto acontecería na Marea Atlántica e que seria difícil de explicar que o que se pedía alí se rexeitaría cando acontecera na casa propia.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies