Cometa 46P/Wirtanen que será observable no mes de decembro // Imaxe: https://twitter.com/gmrpetricca

Un cometa será visible dende Galicia a mediados de Decembro

Trátase do cometa  de curto período 46P/Wirtanen, que este ano se achegará a 7,2 millóns de kilómetros de distancia da Terra, menos de 20 veces a distancia que separa o noso planeta da Lúa. Ese acercamento terá lugar o 16 de Decembro, momento no que tamén alcanzará o seu máximo brillo chegando a poder distinguirse a simple vista dende lugares o suficientemente escuros.

O cometa permanecerá visible ata principios de Xaneiro, aínda que irá perdendo brillo paulatinamente segundo se vaia alonxando da órbita terrestre. No momento da máxima aproximación, poderáse observar arredor da media noite como un punto de brillo moderado e difuso preto do cénit celeste, xusto debaixo das famosas Pléiades na constelación de Tauro.  O espectáculo será moito maior se usamos instrumental óptico por sinxelo que sexa, mesmo cun pequeno telescopio ou ata uns modestos prismáticos serán suficientes para apreciar a famosa e significativa cola que soe acompañar este tipo de astros.

Chuvia de meteoros

Non será a visita do cometa 46P/Wirtanen o único espectáculo astronómico que poderemos desfrutar no mes próximo. Case coincidindo con este fenómeno, na noite do 13 ao 14 de Decembro, terá lugar a chuvia de meteoros das Xemínidas, unha das máis importantes de todo o ano, chegando a ser visibles máis 100 estrelas fugaces por hora nos momentos de maior intensidade.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies