Imaxe: MMM Galiza

Denuncian a deficiente situación do Punto de Encontro Familiar de Ourense

Dende a Coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres denuncian a deficiente situación do Punto de Encontro Familiar.

A  Coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres anunciaba unha campaña para demandar á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, “unha revisión da prestación do servizo do Punto de Encontro Familiar de Ourense no que levamos tempo detectando unha moi deficiente atención cara ás mulleres e as crianzas supervivintes de violencia machista”.

Aseguran dende a MMM que “mulleres usuarias do Punto de Encontro Familiar e profesionais do ámbito do acompañamento das mulleres e crianzas nestes procesos trasládannos dende hai tempo a situación en que se presta este servizo: revictimización das mulleres, nula consideración dos procesos de violencia machista, non aplicación da perspectiva de xénero na atención e no acompañamento, negativa a coordinar este servizo co resto de servizos de atención e acompañamento e mesmo negativa a que as mulleres sexan acompañadas durante o proceso” son algunhas das situacións que viven mulleres envoltas en procesos de violencia machista.

Dende o día de onte, 22 de abril, inician unha recollida de sinaturas que terminará o 22 de maio e coas que queren dirixirse, coa maior forza posible, á Xunta para que esta situación mude.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies