PP e PSOE votan xuntos a lei que permitirá que te chegue o seu spam ao móbil

Cos votos de PP, PSOE e Ciudadanos aprobase a nova Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e garantía de dereitos xudiciais que permitirá aos partidos facer spam electoral e propaganda personalizada en Internet, así como enviar ao móbil propaganda electoral sen que sexa preciso o consentimento da persoa.

A medida foi proposta polo PSOE no Congreso e foi apoiada polo PP no Senado, onde fixo valer a súa maioría absoluta. Este Lei permitirá aos partidos políticos elaborar bases de datos que detallen o perfil ideolóxico da cidadanía, con información extraída de páxinas web e redes sociais, así como enviar propaganda electoral por medios electrónicos (SMS, WhatsApp, mail ou correos privados a través das redes sociais) sen o consentimento previo da persoa. A negativa do PP a aprobar ningunha emenda bloqueou calquera posibilidade de que o texto volvese a ser debatido no Congreso.

O envío de spam sen consentimento, así como o perfilado ideolóxico do votante, son prácticas que empresas e organizacións teñen prohibidas, sen embargo, tanto o Grupo Socialista como o Grupo Popular defenderon esta Lei asegurando que “asentará unha capa máis no tratamento de datos, que son o maná deste século”.   

Celia Cánovas, senadora de Podemos, aseguraba que “esta Lei en xeral nos parece ben”, se non fose polo artigo que modifica a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral, asegurando que “a declaración de intencións da Lei é unha pero a práctica pode ser outra”, polo que dende o seu Grupo xa advertiran antes de debaterse que, “se o proxecto de Lei Orgánica de Protección de Datos é aprobado, impulsarán a súa modificación mediante unha Proposición de Lei e recurrirán ao Constitucional. 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies