Apple desplómase na bolsa e xa non é a empresa con máis valor do mundo
A empresa americana ben de baixar máis de 300.000 millóns na bolsa e vese superada por Microsoft como a empresa máis valiosa do mundo por capitalización bursátil.
Apple está pasando momentos difíciles e leva dous meses perdendo valor en bolsa. As súas accións pasaron de 232 a 172 dólares perdendo máis dun cuarto do seu valor. Esta caída provocou se fose superada por Microsoft e xa ten a Amazon pisandolle os talóns a soamente 10.000 millóns de distancia co que é probable que antes de que acabe o ano tamén a acabe superando.
Analistas achacan o desplome da compañía californiana ao baixón de ventas do iPhone e tamén aos problemas de baixada de rendemento a mantenta nas actualizacións dos seus aparatos e que foron incluso motivo de disputa xudicial.
Tras baixada de ventas do seu dispositivo estrela, Apple deixará de dar datos sobre as mesmas de tal xeito que non se poidan comparar cos meses pasados tratando, así, de atallar o pánico ante o descenso de iPhones vendidos.
Apple Loses $1 Trillion Status After Predicting Low Holiday Sales #Amazon #apple #iPad #iphone #mac #microsoft #Nasdaq #Stock https://t.co/1tM6Gt1wJk pic.twitter.com/aWWnjUrW9s
— The Pop Topic Media (@ThePopTopic) November 9, 2018
Por favor vuelve Steve Jobs…! https://t.co/wDKQ67fB2m #Apple #WallStreet #Nasdaq #DowJones #Nyse #Investing #Money pic.twitter.com/mw5XzFShPn
— Financega (@financega) November 20, 2018