O PP de Sada apropiase sen permiso de debuxos do Bichero para facer propaganda política

O debuxante Luís Davila, coñecido pola tira cómica do Faro de Vigo, denuncia que o Partido Popular de Sada utilizou os seus debuxos para facer propaganda política sen permiso.

O coñecido debuxante galego ven de denunciar a través da súa conta de twitter a “caradura” do Partido Popular por utilizar os seus deseños nuns cartaces de propaganda política sen permiso.

Luís Dávila indicou nun chío que “os Populares de SADA, utilizan debuxos meus sen pedirme permiso para facer propaganda política. Alucino coa caradura dalgúns!. Si se aproveitan de este xeito dun debuxante, que farán logo a hora de xestionar cartos públicos…”.

A noticia correu como a pólvora na rede social alcanzando máis de 1.000 rechíos e outros tantos “gústame” á data de redacción desta noticia.

As reaccións dos internautas non se fixeron esperar e xa apareceron algúns chíos tirando de retranca coa actitude do PP.

Solidariede co debuxante

O debuxante Kiko da Silva amosou a súa solidariedade co Bichero a través dun post en Facebook no que indicaba que “Esto que fixeron os Populares de Sada chámase roubar. Os dereitos de autor páganse!!! Todo o meu apoio ao amigo Luís Davila”.

O debuxante puxo tamén en evidencia o traballo de deseño do PP indicando que “Para máis colmo… Os textos dos bocadillos rotuláronos con COMICS SANS… Aínda por riba de choringuis teñen pésimo gusto tipográfico!!?”.  “Esto como mínimo ten que considerarse como agravante!!!”

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10216477519188115&id=1161229978

Rectificación

Ante a polémica suscitada o Partido Popular mudou o deseño dos polémicos cartaces rediseñándoos con dubidoso gusto algo que tamén foi obxecto de chanza nas redes.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies