Pleno do Congreso dos Deputados // Imaxe: http://www.congreso.es

PP, PSOE e C’s únense para seguir vendéndolle armas a Arabia Saudí

O Congreso rexeita suspender a venda de armas a Riad cos votos de PSOE e PP e a abstención de Ciudadanos onde socialistas e populares unen os seus votos para rexeitar as iniciativas de PdeCat, ERC, Unidos Podemos e Compromís.

A Comisión de Defensa do Congreso rexeitou este martes grazas aos votos de PSOE e PP e á abstención de Ciudadanos pedir ao goberno que suspenda a venda de armas a Arabia, avogando por “reforzar os controis do material exportado para garantir que non se emprega vulnerando os dereitos humanos nin a lexislación internacional”.

O deputado do PSOE Antonio Gutierrez Limones, pediu “prudencia e agardar a coñecer os feitos”, lembrou as consecuencias que esa decisión podería ter no contrato de compra de cinco fragatas a Navantia por importe de 1.800 millóns de euros e preguntou a PdeCat, ERC e Compromís se a súa postura sería a mesma “se o estaleiro estivera ubicado en Cataluña ou na Comunidde Valenciá en vez de en Cádiz”. 

Na sesión de control celebrada o martes, Pedro Sánchez anunciou que “manterá a venda de armas a Arabia Saudí polo interese xeral de España”. O presidente amosou a súa repulsa polo asasinato de Khashoggi, pero prioriza os contratos suscritos co país do Golfo. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies