Imaxe: Twitter SLG

Marcha con cacerolada polos danos da fauna salvaxe

Aperfasa, Ovica, Fruga e SLG preparan una marcha con cacerolada en Compostela para esixir solución urxentes aos danos da fauna salvaxe.

Aperfasa (Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe), Ovica (Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia), Fruga (Federación Rural Galega) e o SLG (Sindicato Labrego Galego) ultiman os preparativos para unha manifestación de protesta con cacerolada o 8 de maio en Compostela para esixir solucións urxentes para os danos da fauna salvaxe.

Entre as demandas destas organizacións, dirixidas a “recuperar un necesario equilibrio ecolóxico no que poidan convivir as persoas, as actividades agrogandeiras e a fauna salvaxe”, atópanse o control das poboacións de fauna salvaxe, con medidas concretas como “a elaboración de censos de poboación das diversas especies silvestres por comarcas para determinar en que zonas existen desequilibrios e actuar en consecuencia, pois cando unha especie deriva en praga pode facer insostibles actividades tradicionais como a agricultura ou a gandería, ou mesmo poñer en perigo a supervivencia doutras especies salvaxes”; a cobertura do 100% dos danos causados pola fauna salvaxe; o financiamento suficiente para as medidas de prevención, “deseñando un plan de xeito coordinado cos diversos axentes dos sectores agrogandeiros e dotado con suficiente orzamento” e unha necesaria ordenación territorial,   “poñendo especial fincapé na xestión do monte e superficies boscosas en estado de abandono na proximidade de zonas con actividade agrogandeira, así como na persecución e denuncia da forestación de terras agrarias”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies