Imaxe: https://www.flickr.com/photos/14058263@N06/4214205006

Feijoo sae na defensa de ENCE para que siga na ría

Feijoo criticou a decisión do goberno de non ampliar a prórroga da concesión da planta da compañía ata o ano 2073.

A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar modificou o criterio tomado polo goberno en funcións de Mariano Rajoy e negouse a que a concesión da pasteira ata o ano 2073. Deste xeito o goberno desiste de seguir defendendo nos tribunais a prórroga concedida polo executivo do Partido Popular.

Ence conseguiu a súa primeira concesión na ditadura a través dunha orde ministerial do réxime franquista no ano 1958. A dita orde permitía á pasteira seguir instalada na ría, en terreos públicos, durante 60 anos. O prazo remataba no ano 2018. O goberno do Partido Popular, con Rajoy á fronte, estando en funcións durante a lexislatura fallida na que non foi posible conformar goberno, aproveitou para decretar unha prórroga da concesión que lle daría permiso 60 anos máis ata o 2076.

Feijoo saiu na defensa da empresa cargando contra a decisión tomada pola DX de Sostenibilidade e cargou contra o goberno do estado. O propio executivo presidido por Feijoo xa saíra no pasado na defensa da pasteira en xuño de 2016 asinando un pacto ambiental con Ence a través da Consellería de Medio Ambiente na que trataba de branquear a imaxe contaminante da factoría.

Vinculos co Partido Popular e portas xiratorias

Ence conta no seu consello de administración con numerosos membros con vinculación recoñecida co Partido Popular. Forman parte de dito consello:

  • Isabel Tocino: Ex Ministra de Medio Ambiente no estado
  • Carlos del Álamo: Ex conselleiro de Medio Ambiente nos gobernos de Fraga
  • Fernando Abril-Martorell Hernández: Fundador de UCD e ex deputado desa formación por Valencia

 

 

2 thoughts on “Feijoo sae na defensa de ENCE para que siga na ría

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies