Dous camións de bombeiros fallaron durante o incendio da Chavasqueira
Os bombeiros de Ourense e a CIG cargan durantemente contra o goberno do PP pola precariedade na que se atopa o servizo na cidade.
Os bombeiros de Ourense desvelaron que durante o lume da Chavasqueira un camión de extinción non arrancou. Tamén indicaron que outro vehículo, con máis de 20 anos de antigüidade e “moito uso” tivo unha avaría na bomba de auga.
Se o problema dos vehículos non fose suficiente tamén denunciaron que as luvas que teñen están rotas e moitos dos bombeiros que actuaron durante a extinción do incendio da Chavasqueira tiveron que facelo ese equipo de protección deteriorado.
A maiores diso, indicaron que o traxe non foi quen de protexer suficientemente ás persoas que loitaron contra o lume e que lle provocaron queimaduras a pesar de que xa fora advertido á corporación de Jesús Vázquez xa que, os propios bombeiros, por votación terían elixido outro tipo de traxe de protección.
Por se isto non fora pouco indicaron tamén que o concello non os forma dende hai máis de 10 anos.
Con todo e con iso, os bombeiros de Ourense agradecen os ánimos da cidadanía. “Grazas polos ánimos… fixemos o imposible co que temos”, indicaron á vez que engadiron que “Cremos que é un día no que algún ou algúns debera facer cargo de conciencia”, no que parece unha clara alusión á corporación popular que lidera Jesus Vázquez nun post de Facebook que se viralizou e leva xa máis de 3.000 gústames e case 5.000 comparticións.
Reaccións sindicais
A CIG tamén emitiu un duro comunicado indicando que no caso de terse producido outra emerxencia os bombeiros non poderían atender as dúas debido á escasa plantillas.
O sindicato nacionalista tamén denuncia as queimaduras producidas a pesar o traxe de protección confirmando a versión ofrecida polos traballadores.
Ourense Mellor
A plataforma cidadá liderada por Etelvino Blanco ven de emitir un comunicado manifestando o pesar pola destrución dun lugar emblemático de Ourense e a solidariedade cos 15 traballadores do complexo termal e no que instaban ás autoridades que se inicie de inmediato unha investigación para aclarar as causas do lume.
Tamen demandaron do alcalde “gardamos coñecer o plan do Goberno Municipal da cidade para xestionar a recuperación deste espazo, cales son as solucións e cando as vai dar a coñecer o alcalde Jesús Vázquez”.
Ourense Mellor tamén amosaba a súa adhesión “ás queixas do corpo municipal de Bombeiros de Ourense que estiveron hai escasas semanas en folga de fame para visibilizar a necesidade urxente de dotalos de medios e de persoal para poder realizar correctamente o seu traballo”.
Mantemento, investigación e atención ás demandas dos bombeiros de Ourense para que nunca máis se repita o desastre da Chavasqueira https://t.co/dSQKcjiNlx pic.twitter.com/UkHZsFYqZj
— ourensemellor (@ourensemellor) April 24, 2019