Quen é quen en Podemos Galicia?
O calendario marcaba o día 10 de outubro como data límite de presentación de candidaturas a dirixir Podemos en Galicia e a formación morada ven de publicalas.
O fracaso da creación dunha lista única sume a Podemos Galicia a unha nova confrontación interna para decidir o seu liderazgo. Tanto Antón Gómez-Reino como Carolina Bescansa presentaron as súas candidaturas e equipas coas que pretenden acadar o mando da formación en Galicia. A maiores das dúas candidaturas anteriores coñecéronse tamén tres candidaturas individuais ao Consello Cidadán.
Máis Podemos
É a lista de Antón Gómez-Reino e representa a liña oficial de Pablo Iglesias.
O seu documento organizativo pide un Podemos forte con perfil político propio. No seu texto político de nove páxinas non nomea En Marea nin unha soa vez pero a palabra confluencia aparece en cinco ocasións. Con respecto a iso din que “Existe un falso debate sobre o papel de Podemos nas confluencias, onde as únicas
opcións serían ou ben enfrontarse aos outros actores -forzas políticas, sociais, persoas…- da unidade popular ou ben diluírse nos instrumentos políticos da confluencia. Pois nós dicimos que non, calquera desas alternativas é mala para o cambio político en Galicia e é mala para Podemos” ao que engade que “aínda necesitamos ir máis alá. A responsabilidade de Podemos como vector principal
do cambio significa asumir o liderado da confluencia”.
Na lista de Antón Gómez-Reino destaca a presenza de Luca Chao e Marcos Cal, ambos os dous deputados de En Marea no Parlamento galego. Figura tamén, no sexto posto José Manuel Pérez Afonso (Josito) que amagou con crear unha terceira lista e que ao final pactou con Gómez-Reino, Borja San Ramón que foi membro do Consello das Mareas ata que dimitiu pola consulta sobre Paula Quinteiro; David Domenech e Mariajo Bóveda son membros da Coordinadora de Compostela Aberta e pasan por ser o enlace de Martiño Noriega con Antón Gómez-Reino ao igual que Alejandro C. Botello que tamén foi membro da anterior coordinadora da confluencia compostelá. Ademais dos anteriores pecha a lista José García Buitrón, ex senador de Podemos que perdeu a súa acta tras a repetición das eleccións ás cortes en xuño de 2016.
Eu Futuro Para Galicia
É a candidatura de Carolina Bescansa nas primarias de Podemos que encabezan dez mulleres. No seu documento político de 26 páxinas soamente se cita En Marea para falar dos resultados electorais e non se utiliza a palabra ‘confluencia’ nin unha soa vez e soamente fai unha referencia ao tema: “Se queremos sacar ao Partido Popular dos concellos de Galicia
e da Xunta é preciso traballar cos nosos aliados, coa sociedade civil, coas Universidades, cos traballadores e traballadoras, cos autónomos e as autónomas, coas empresas, cos sindicatos e con todo o tecido asociativo galego que ten tanto traballo feito pola defensa dos intereses de todos e de todas”.
Na lista de Carolina Bescansa podemos atopar a Julia Torregrosa, deputada no Parlamento Galego; Raimundo Viejo, concelleiro de Barcelona en Comú con Ada Colau ;Natalia Prieto Fernández, secretaria de organización na anterior dirección; Genma Otero, concelleira en Ames a través da formación Contigo Pódese; Enrique Fojo Durán, concelleiro en Redondela. Na súa lista figuran moitas persoas da dirección saínte e pecha a candidatura Carmen Santos, actual secretaria de Podemos Galicia.
Candidaturas independentes
Ademais das candidaturas completas tamén se presentan tres persoas máis a ocupar os postos de dirección. Trátanse do enxeñeiro en telecomunicacións Renato Domínguez Presa, o enzeñeiro de camiños Gabriel Santiago Fuentes e a de Antonio Llanos Alonso, voceiro estatal do Círculo Podemos Transportistas e moicoñecido nas redes sociais pola súa intensa actividade nos grupos de círculos de Podemos entre o que destaca Podemos Rías Baixas.
A nosa terra está a sufrir outra vez incendios que afectan a nosa agricultura, pesca, marisqueo e turismo. Que fai o PP de Feijóo contra iso? Negar o cambio climático e recortar en prevención.
Así llo dixo o noso candidato @AntonGomezReino á Secretaría Xeral de Podemos Galicia. pic.twitter.com/EorjR0UdA2
— Máis Podemos (@Mais_Podemos) October 10, 2018
Al conjunto de la sociedad y de las instituciones nos toca abrir el proceso de cambio constitucional que necesita nuestro país, para que la Constitución sea una herramienta al servicio del cambio político 👇https://t.co/VaXYk2xqT2
— Carolina Bescansa (@CBescansa) October 10, 2018