O BNG denuncia un posible caso de nepotismo no Concello de Ourense

A formación nacionalista cuestiona o proceso para a elección de persoal dun posto de traballo que se tería feito á medida do candidato que resultou escollido.

O BNG denuncia que un posto de traballo técnico para un proxecto europeo e enerxía xeotérmica estaba feito á medida do aspirante que resultou escollido.

Segundo denuncia a formación “o aspirante Raúl González Castro, a persoa que era vox populi, entraba en todas as quinielas como candidato a gañar a praza non posúe o título nin de enxeñeiro nin de técnico de área, senón que é titulado en empresa, o que nos fai sospeitar que, como noutras ocasións a praza foi deseñada á súa medida”.

A formación indica que esa persoa estivo a traballar na Cámara de Comercio e “desde un primeiro momento estivo xa exercendo de maneira oficiosa como tal en actos públicos de Termatalia e outras institucións ligadas á Deputación de Ourense, desde antes da adxudicación oficial”.

O BNG remarque que se está a falar dun “proxecto de xeotermia” algo que nin tan sequera se menciona nas bases de contratación e lembran que a praza é para “un posto de funcionario interino do programa de Técnico Medio do proxecto Geoatlantic” e indican que para a formación o proceso selectivo está “baixo sospeita e resulta escandaloso”.

Rematan denunciando que o tema é habitual e lembran que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa anulou o nomeamento do Xefe de Recursos Humanos do Concello de Ourense por observar desviación de poder e considerar que a praza foi feita á medida do nomeado conculcando os principios de igualdade, mérito e capacidade.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies