A Xunta continúa coa privatización das certificacións do coñecemento das linguas estranxeiras

A Consellería de Educación ven de anunciar dous exames de certificación B2 e C1 que levará a cabo a Alianza Francesa, polo que dende a CIG-Ensino volven denunciar que continúa coa externalización da certificación do coñecemento das linguas, tocándolle desta vez ao francés e proximamente ao portugués.

A CIG-Ensino reclama que sexan as Escolas Oficiais de Idiomas as entidades que formen e certifiquen os coñecementos do profesorado galego en todas as linguas pois como xa denunciaron en numerosas ocasións, “a externalización da acreditación do coñecemento das linguas supón un gasto que se retrae do orzamento do ensino público galego”. 

Dende o sindicato aseguran que “a formación do profesorado non pode ser unha forma de financiar entes externos, máis aínda cando as EOIs teñen entre as súas funcións expresas levar a cabo esta formación”, por iso, dende a CIG-Ensino volven denunciar esta externalización e reclaman que sexan as EOIs as entidades que formen e certifiquen os coñecementos do profesorado galego en todas as linguas. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies