Xornada mundial a prol do traballo decente

Os sindicatos instan á xunta a que dea exemplo na Xornada Mundial polo Traballo Decente.

Co gallo da celebración, este 7 de outubro da 11ª edición da Xornada Mundial polo Traballo Decente, baixo o lema “Cambiar as regras”, dende os sindicatos UGT e CC.OO. instan á Xunta para que dea exemplo e abra unha negociación cos axentes sociais para garantir salarios dignos, emprego estable e con dereitos, igualdade e incorporar cláusulas sociais que rematen coa precariedade nas contratacións públicas.

Aseguran que cambiar as regras para facer realidade o traballo decente supón garantir emprego de calidade para todas e todos, xa que os gobernos están na obriga de buscar o obxectivo do pleno emprego mediante políticas de investimento público, e neste senso existe un sector da poboación especialmente golpeado como é o dos mozos e mozas, ao que lles hai que garantir xa emprego digno. Facer o traballo decente significa tamén garantir salarios dignos que permitan unha vida digna, insistindo en que ningún salario debe estar por debaixo dos 1.000 euros mensuais.

Por todo isto, CCOO e UGT-Galicia instan á Xunta a que deixe de ser un simple observador das precarias tendencias do mercado laboral e se converta nun axente activo, implicándose. Consideran que urxe abrir un proceso de negociación para incorporar cláusulas sociais na redacción, adxudicación e execución dos contratos no ámbito galego que garantan unha loita efectiva contra a precariedade, pois as cláusulas sociais son un instrumento para impulsar un modelo de Administración pública, de mercado produtivo e de sociedade que asuma melloras sociais, medioambientais e laborais con fundamento no interese público que remate coa precariedade na contratación de obras públicas e servizos. 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies