A Xunta di que a ‘Derradeira lección do mestre’ responde á lamentación polo corpo de Cristo

A descrición do cadro na páxina de emigración obvia toda vinculación coa dictadura e compara a imaxe cun cadro de cristo.

As interpretacións da obra “A derradeira lección do mestre” xeraron unha fonda polémica desde que a obra chegou a Galicia entre as que destacaron as palabras de Feijoo esquecendo as referencias á execución da Alexandre Bóveda, á dictadura e á represión que máis tarde tivo que rectificar.

“Iconograficamente responde ao vello tema de encadramento da lamentación ante o corpo de Cristo. (…) Na composición obsérvase un violento escorzo da figura do mestre (típicas das Deposicións de Cristo) e unha disposición e xestos de dor reprimida dos nenos.” Así é como se caracteriza esta obra de Castelao na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Os organismos da Xunta de Galicia seguen a obviar a historia detrás de cadro e non explican nin o sentido, nin o porqué do cadro de Castelao.

 

Un responsable de emigración salpicado pola polémica

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia é dirixida polo ourensán Antonio Rodríguez Miranda que no pasado saltara aos medios por defraudar dietas do Parlamento de Galicia na súa época de deputado. Miranda pasou dietas por quilometraxe cando en realidade estaba a compartir o coche con José Manuel Baltar, o actual presidente da Deputación de Ourense. A oposición cifrara as cantidades defraudadas en máis de 25.000 euros. Antonio Rodríguez Miranda comprometérase a devolvelas. Na seguinte lexislatura non repetiu como parlamentario e Feijoo nomeouno Secretario Xeral de Emigración.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies