Imaxe: https://www.facebook.com/vazquezbarquero1997

Dimite o candidato do PSOE á alcaldía de Ourense

José Ángel Vázquez Barquero indica que deixará a acta e xa non se presentará na candidatura do PSOE na cidade.

O ata agora voceiro dos socialistas no Concello de Ourense anunciou a súa despedida da política municipal e indicou que renuncia a encabezar a lista do seu partido nas municipais. Na mesma comparecencia tamén deixará as súas responsabilidades como voceiro e concelleiro na corporación ourensá.

Vázquez Barquero alegou motivos persoais para tomar a súa decisión. Nunha misiva enviada aos medios trasmitiu a mensaxe: “Con gran dolor de mi corazón os comunico que por motivos personales próximamente presentaré mi renuncia a encabezar la lista de mi partido a las Municipales y dimitiré como portavoz y concejal en el Concello de Ourense”.

Curiosas coincidencias

A dimisión do actual portavoz do PSOE en Ourense chega despois de que Pedro Sánchez mudara as listas das municipais tanto en Ourense, como na Coruña e Ferrol. Tamén chega días despois de que un dos rostros máis coñecidos do partido, Pachi Vázquez, anunciara o súa saída da formación para fundar un novo partido. Ao anterior hai que sumarlle a fichaxe do que fora lider das Xuventudes Socialistas por parte da candidatura do popular Jesús Vázquez

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies