http://www.meteogalicia.gal/web/index.action

Máis frío en Lugo e Ourense que en Reykjavik, Oslo ou Estocolmo

Galicia estes días está rexistrando temperaturas máis baixas que as principais capitais escandinavas, pois as néboas nos vales de Lugo e Ourense impiden o aumento das máximas e xeran unha gran sensación de frío

Mentres en Reykjavik, Oslo, Estocolmo ou Copenhague superan os 0º durante case toda a xornada, nalgunhas localidades do interior de Lugo e Ourense o frío é propio doutras latitudes, pois, sobre todo nos vales, acadáronse mínimas de -8º.

Segundo os datos de MeteoGalicia, moitas zonas estiveron baixo cero estes días, como Verín con -8,3º, Calvos de Randín con -8,1º, Xinzo con -6,1º ou Bóveda con -6,1º.  

Debido á inversión térmica que se está vivindo estes días en Galicia, nos cumios de Trevinca, O Cebreiro, Ancares ou O Courel houbo menos frío e as temperaturas apenas baixaron durante as noites dos 0º.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies