Imaxe: http://congreso.enmarea.gal

Podemos quere poñer fin ás confluencias e fará candidaturas propias nos concellos

Podemos prepara as suas candidaturas buscando acordos unicamente con partidos de ambito estatal

Podemos ven de lanzar o seu calendario para a configuración de candidaturas para as próximas eleccións municipais, ás que a formación morada se presenta por primeira vez, e iniciando o proceso sen aclarar se Podemos se presentará en solitario nos concellos galegos, coas excepcións das localidades nas que haxa “mareas consolidadas”, como xa acordaran no pacto estatal con Esquerda Unida.

O calendario establecido para o proceso de votación das candidaturas é o seguinte: ata o venres 11 de xaneiro, as persoas interesadas en presentar nos seus concellos unha candidatura baixo a marca de Podemos Galicia poderán solicitar a posta en marcha das primarias e escoller empregar votación telemática ou presencial. Entre os días 16 e 19 inscribiranse ditas “precandidaturas individuais”, ante as que se poderán presentar emendas os días 20 e 21. Do 22 ao 26 de xaneiro solicitaranse os avais persoais e colexiados correspondentes e os días 27 e 28 confirmaranse as candidaturas e inscribiranse as listas. Trala publicación definitiva o martes 29, entre o 1 e o 5 de febreiro poderase votar polos candidatos e ao día seguinte, o 6 de febreiro, tralas verificacións, antifraude e reconto, coñeceranse os nomes das persoas gañadoras.

Nas derradeiras semanas, Podemos Galicia recabou memorias e estudos sobre a situación política en medio centenar de concellos galegos, mais dende a dirección galega confían en poder presentarse ás municipais en máis concellos, inda que a fórmula é unha incógnita ao fracasar a súa estratexia de facerse co control de En Marea.

Podemos, EU e Equo negocian lista en Lugo sen contar con Anova

O acordo estatal subscrito entre as tres organizacións no mes de xuño, para concorrer conxuntamente nas municipais segue tomando forma en Lugo, onde xa teñen conformaron as bases “dun programa compartido”.

Definido o carácter da coalición e as liñas mestras do programa, en vindeiras xuntanzas deberan incorporar a lista que presentarán nos comicios de finais de maio.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies