A Xunta de Galicia enche de cemento nun tramo medieval do Camiño de Santiago
A Axencia Galega de Turismo segue a deturpar o Camiño Primitivo na Fonsagrada
O Foro do Camiño ven de denunciar a alteración irreparable dun novo treito do Camiño Primitivo, vía histórica recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, como consecuencia das obras de acondicionamento levadas a cabo pola Axencia Galega de Turismo.
O Foro, integrado por trinta organizacións culturais, ecoloxistas e veciñais que ten por obxectivo preservar os Camiños de Santiago, censura a “construción dun novo Camiño de Santiago no século XXI” da man do departamento que dirixe Nava Castro, trasladando os feitos á organización de vixilancia do patrimonio ICOMOS, entidade consultiva da UNESCO.
Denuncias previas
Xa no ano 2016 o Foro do Camiño se dirixira a ICOMOS para denunciar que “baixo eufemismos como acondicionamento, recuperación ou mellora”, a entidade dependente da Xunta dispúñase a alterar o trazado histórico dos itinerarios xacobeos, con fins esencialmente turísticos.
Máis casos
O maltrato ao patrimonio histórico e artístico no no país é constante. Meses atrás foi moi polémica a restauración que se fixo do camiño medieval do Castelo de Monterrei.
Activistas nas redes están a utilizar Twitter para denunciar estes atentados baixo o cancelo #FormigónNoPatrimonio onde se poden ver auténticas aberracións.
Castelo de Monterrei #FormigónNoPatrimonio https://t.co/WPjQRUtqrS
— Lucía Taboada Glez (@LuciaTaboadaG) October 10, 2018
Hoxe levantámonos coa imaxe da ponte medieval de Sigüeiro "parcheada" con formigón. Co hashtag #FormigónNoPatrimonio que máis desfeitas do patrimonio medieval galego hai? pic.twitter.com/UO5wWSKjO9
— A Galicia Medieval (@GaliciaMedieval) October 10, 2018
– Non hai collóns a botarlle semento ao Camiño Primitivo.
– Que non? Aghuanta aí do cubata, Arghemiro! pic.twitter.com/V23IFH8eFy— BREOGAHN (@BREOGAHN) October 9, 2018
Denunciada ao @ICOMOS cimentación do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada @UNESCO https://t.co/JCXdGerkbu pic.twitter.com/EkFvyPsFMR
— ADEGA (@ADEGAgz) October 8, 2018