O BNG leva ao Parlamento o rexeitamento á ampliación da depuradora dos Praceres

O grupo parlamentar do BNG presentou hoxe unha proposición non de lei para que o parlamento galego inste á Xunta de Galiza a ter en conta o posicionamento unánime da corporación municipal de Pontevedra en contra da ampliación da depuradora dos Praceres.

Na iniciativa presentada polo deputado Luís Bará afírmase que a Xunta está a tramitar os proxectos de mellora da EDAR, de ampliación da infraestrutura e de construcción dun novo emisario submarino.

Se ben a mellora do funcionamento da actual EDAR conta con un amplo respaldo social e político, o proxecto de ampliación da depuradora xerou un rexeitamento case unánime, que quedou reflectido no acordo plenario do pasado martes 9 de outubro. Ademais, este proxecto da Xunta de Galiza conta coa oposición da parroquia de Lourizán, como xa lle fixeron chegar a representantes de Augas de Galicia e da Consellaría de Medio Ambiente.

Polo tanto, o BNG pide que as mesmas forzas políticas que están representadas no pleno da corporación adopten un acordo semellante no parlamento galego, e neste sentido manifesten o
rexeitamento a ampliación da depuradora e demanden que por parte da administración autonómica se leven a cabo outras actuacións para garantir o saneamento da ría de Pontevedra.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies