Golpe de autoridade do Auriense Campus da Auga FG

O partido do sábado saldábase coa victoria do Auriense Campus da Auga FG.

Intenso e frenético choque do equipo ourensán contra o Dorna FG da Illa de Arousa o sábado pola tarde, que se saldou cunha vitoria visitante, que os afianza na cuarta posición e acredita a excelente tempada que están a realizar os rapaces do Auriense.

Nun encontro moi vistoso para o público que se achegou ata o Campo da Bouza, as diferenzas no marcador foron constantes, cun arranque extraordinario do Auriense e gran acerto de cara os tres paus.

Un recital ofensivo da dianteira, apoiado pola terceira e cuarta liña, que desarboraron en todo momento á dura defensa do Dorna, deixando o resultado de Dorna 3-15 (24) – Auriense 8-11 (35)

Con dous partidos por xogar (Pontevedra e Estrela Gaels), os do Auriense Campus da Auga dependen de si mesmos para quedar entre os 4 primeiros e loitar polo título, un obxectivo moi ambicioso no cuarto ano de competición do único equipo ourensán de fútbol gaélico.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies