Beltrán agradece o seu premio en galego
O xogador do Celta Fran Beltrán, nado en Seseña (Toledo), recibe multitude de eloxios tras empregar a lingua galega para recibir o premio que o distingue como xogador preferido da afección.
Fran Beltrán gañouse pronto o respecto do celtismo coa súa entrega e profesionalidade, pero o cariño da sua nova afección chegoulle a través das súas continuas mensaxes en galego na sçua conta de Twitter. Este feito namorou ao celtismo ata o punto de ter que confesar Beltrán que estaba aprendendo galego para poder comunicarse mellor cos seus seareiros.
Beltrán, recolleu este mércores o premio Xogador Estrella Galicia co que a afección o recoñece como o mellor futbolista celeste do mes de setembro. Na rolda de prensa, o centrocampista agradeceu o galardón cunhas palabras en galego: “Quero dicilo en galego. Grazas a todos os seareiros, á miña familia e á miña noiva polo seu apoio. Imos a por máis. Quería dicir esta frase para todos os seguidores do Celta, que saiban que é verdade que estou a tentar aprender galego”.
Estendeu o mérito deste recoñecemento aos seus compañeiros, corpo técnico e persoal do clube, despedíndose cun “que este non sexa o último”.
😍 Se xa vos tiña namorados, agardade a escoitarlle falar en galego. 🏆 @franbeltran__ é o Xogador @EstrellaGalicia de Setembro! #XogadorEG pic.twitter.com/cDhYIffyBm
— RC Celta (@RCCelta) October 24, 2018
Hai que mellorar 🙄📚📚🙈 https://t.co/FknhVsfxsa
— Fran Beltrán. (@franbeltran__) October 24, 2018