Plenario de En Marea // Imaxe: https://twitter.com/En_Marea

Podemos avanza para facerse co control de En Marea

A pesar de que a dirección de Podemos sempre se mantivo á marxe das dinámicas orgánicas de En Marea, a aparición da mesa de confluencia propiciou que a formación morada cambiase a súa estratexia con respecto ao partido instrumental.

De feito a proia secretaria xeral, Carmen Santos, mesmo asinou as emendas do sector crítico ao regulamento electoral do consello das mareas, algo que pode tomarse como unha declaración de intencións de cara as eleccións da dirección de En Marea.

É significativo tamén que o propio Pablo Iglesias que en anteriores plenarios da formación galega non se pronunciou sobre os mesmos si o fixese esta vez, indicando así que a propia dirección de Madrid estea avalando os movementos da súa sucursal galega.

A mesa de confluencia faise coa maioría do comité electoral de En Marea

Logo dun reconto que se prolongou ata ben pasada a media noite, o sector crítico de en marea acadou a maioría dos membros do comité electoral que vixiará o proceso de eleccións aos órganos de dirección internos do partido instrumental.

A votación mediante un sistema de listas abertas propiciou que o grupo gañador afín ao sector críticos, se fixese coas tres cuartas partes deste comité a pesar de obter o 55% dos votos emitidos.

A clara división en dous bandos de En Marea, que foi a tónica durante todo o plenario da formación, volveu a quedar patente nesta votación e todo apunta a que previsiblemente se manterá nas eleccións internas da formación.

2 thoughts on “Podemos avanza para facerse co control de En Marea

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies