En Marea votará esta fin de semana

Despois de superar os problemas coa protección de datos, En Marea votará esta fin de semana para elixir ao Consello das Mareas e á Comisión de Garantías

Na tarde do mércores, tralo comunicado da Comisión de Ética e Garantías no que anunciaban que se dan as condicións “de seguridade e plenas garantías para levar a cabo a votación” e decidisen levantar a suspensión temporal do proceso para a elección do Consello das Mareas e da Comisión de Ética e Garantías, o Comité Electoral acordou continuar co proceso electoral, polo que emprazaran ás inscritas da formación a votar durante a vindeira fin de semana.

Segundo publicaron, “os horarios de votación serán de 09:00h do sábado 22 de decembro ata as 09:00 horas do luns 24 de decembro, seguindo así un procedemento análogo ao xa aprobado con anterioridade por este Comité”.

Nunha entrevista en La Ventana de Galicia, na Cadena Ser, cuestionado en relación a que Podemos, Anova e Esquerda Unida se prantexen non acudir a esa votación, Luís Villares afirmaba que “os partidos non acaban de entender o que significa o espazo político de En Marea. En Marea é un espazo político de adscrición individual, e a xente inscríbese individualmente, porque quere: a xente é maior de idade, ten independencia de criterio, polo tanto, inda que a cúpula dun partido diga “agora non votedes”, votarán si así o deciden libremente. Eu non creo que a xente que estea inscrita e afiliada a un partido político sexan simples brazos de madeira que vaian facer o que o seu secretario xeral ou a súa dirección lles diga, farán o que teñan por conveniente facer. Ademais, nas dúas candidaturas hai xente tanto de Anova Podemos e distintos espazos políticos, co cal, a pluralidade está máis que garantida. As inscritas serán quen teñan a última palabra, sen tutelas por parte dos partidos”.      

Aseverou tamén que “a xente vai poder votar esta fin de semana con moitas máis garantías das que houbo nunca. O proceso telemático que vamos a vivir a fin de semana é o de maiores garantías implantado de voto telemático no estado: vai haber un cambio de contrasinais cando se empece a votar, mensaxes de texto par confirmar o voto, o cifrado e a única posibilidade de votación son tamén algo novidoso, polo que agardamos que iso restaure a confianza e dea lugar a unha dirección foret e non cuestionada”.

Xuntanza cos ex-integrantes do Comité Electoral

Segundos fontes próximas a En Marea, na tarde de onte estaba convocada unha xuntanza entre representantes da Comisión de Ética e Garantías e da Coordinadora coas tres persoas suspendidas do Comité Electoral para darlles acceso á auditoría, aspecto demandado en diversas ocasións, sendo esta a segunda vez que se lles da dita oportunidade. Sen embargo, nesta ocasións, non so non acudiron á xuntanza, senón que mentres dita xuntanza debera ter lugar, convocaron unha rolda de prensa para deslexitimar o proceso de votacións.           

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies