José Manuel Baltar e Jesús Vázquez manteñen unha reunión // Imaxe: ourense.gal

Baltar deixa en evidencia a Jesús Vázquez ao rescatar o Festival de Cine de Ourense

A Deputación sae ao restate do OUFF que tera unha nova edición ao final deste ano.

José Manuel Baltar apuntouse hoxe un tanto político ao garantir a celebración do festival de cine de Ourense mediante o financiamento do mesmo e ao implicar á Fundación Carlos Velo na súa celebración.

Con este movemento o sector da boina deixa en evidencia a xestión cultural do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense incapaz de manter a celebración do festival. Ademais, Baltar apúntase o tanto político ao incluír ao concello como coorganizador a pesar de que tanto o financiamento como a equipa vai ser suministrada pola institución provincial.

 
Unha historia de desencontros entre o sector da boina e o birrete

O pulso polo control do PP na cidade e na provincia de Ourense é ven coñecido entre militantes e cargos orgánicos do partido e veñen xa da época de Fraga onde se acuñaron os alcumes dos grupos enfrontados: a boina e o birrete para referirse áos sectores galeguista e españolista do partido.

Igual que Fraga, Feijoo tentou asaltar a fortaleza de Baltar e no ano 2010 fixo que Jiménez Morán, de aquelas alcalde de Verín, lle desputara a presidencia provincial do partido a Baltar fillo que acaba de recoller a sucesión do seu pai. Fracasou de tal forma que no último congreso, para escenificar a paz, avalou a candidatura de Manuel Baltar no congreso de 2013.

A pesar de que se esforzan en manter as formas de unidade cara fóra as tensións entre Jesús Vázquez, home forte de Feijoo na provincia, e Baltar son evidentes. O presidente provincial incluso fixo dimitir a Francisco González Bouzán, tenente de alcalde de Vázquez en Ourense, por unha cuestión de incompatibilidades. Bouzán era director de dous organismos na Deputación de Ourense e Baltar fíxoo elixir. O resultado, a demisión do tenente de alcalde que provocou unha reestruturación do goberno de Vázquez.

O rescate do OUFF é unha mostra do pulso que libran e, novamente, Baltar gañou deixando en evidencia á incompetencia da equipa o exconselleiro Jesús Vázquez á fronte do Concello de Ourense.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies