A mobilización veciñal consegue a reposición do servizo de pediatría en Cuntis

A xerencia da área sanitaria de Pontevedra anunciaba o pasado domingo que o martes quedaría reposto o servizo de pediatría nos centros de saúde de Cuntis e Moraña

Dende Veciñanza Cuntis aseguran que “detrás desa decisión están, sen dúbida, a mobilización veciñal iniciada en Cuntis con concentracións todos os venres diante do centro de saúde, que culminou coa gran manifestación do mércores, día 5, as reaccións en redes sociais, o coñecemento de que a escalada de mobilizacións iría en aumento, a constancia de que os grupos da Corporación Municipal de Cuntis estabamos a traballar en máis medidas e a pregunta rexistrada por En Marea para o pleno desta semana do Parlamento de Galicia”.  

Santi Martinez, voceiro municipal de Veciñanza, valorou moi positivamente “esta vitoria, do movemento veciñal de Cuntis que defendeu con determinación un servizo tan básico como este, cuxa supresión causou enormes dificultedes a moitas familias”.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies