Rexeneran as zonas afectadas polos incendios forestais en Melón

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que estamos levando a cabo dende o outono do ano pasado e que xa cumplimos un ano. Durante os ultimos doce meses máis de 400 persoas voluntarias viñeron colaborando en diferentes actividades de restauración e reforestación forestal nos montes de Touron.

Tras os incendios de outubro do ano pasado 2017, as cinzas cubriron os nosos montes pero tamén prenderon as lapas do activismo forestal. O 26 de novembro de 2017 empezaba a materializarse no monte de O Tourón actuacións para non só salvar o solo do monte se non para demostrar que se poden facer as cousas dun xeito diferente, rachar ca política forestal do monocultivo e da inacción.

Dende Aigos da Terra agradecen o traballo de toda a xente que leva un ano colaborando ademais de acudir ás manifestacións, aos concertos solidarios e que fixeron doazóns ou mesmo compartiron nas redes sociais axudando a divulgas as accións que se levaron a cabo.

Con motivo do primeiro aniversario, o domingo 25 de novembro terá lugar unha nova xornada de voluntariado forestal ás 10:30 no aparcadoiro de O Tourón que incluirá:

  • Ruta polas distintas zonas de actuación (restauración de solos, repoboación especies autóctonas, recuperación árbores danadas)
  • Erradicación de eucaliptos e mimosas
  • Xantar popular
  • Foliada

Os traballos levaranse a cabo pola mañá  do domingo 25 entre as 10.30 e as 14:00 h aproximadamente,  para rematar cunha celebración e xantar.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies