Gwyneth Paltrow // Imaxe: https://www.flickr.com/photos/jiff01/8678909401

Riotorto, a aldea que Gwyneth Paltrow recomenda regalar polo nadal

A actriz  Gwyneth Paltrow recomenda incluír unha aldea de Roitorto entre os agasallos de compra da súa “Guía de agasallos ridículos pero incribles”, estimando o seu prezo en 149.550€.

Ducias de aldeas, castelos, pazos…. boa parte do patrimonio galego está en venda por Internet a prezo de saldo. No val do Eo, no concello de Riotorto, na provincia de Lugo, o conxunto rural de Muiñovedro ofrécese no sitio web da Inmobiliaria Aldeas Abandonadas, que concentra a principal oferta de lugares singulares e Galicia á venda. A compra desta aldea é recomendada en Goop, a marca de estilo de vida creada pola actriz estadounidense Gwyneth Paltrow.

Goop enlaza á paxina de Aldeas Abandonadas onde se pode consultar a ficha deste conxunto rural, cunha descrición e varias imaxes da propiedade. O principal argumento de venda describeo como “aldea muy bonita con todas sus casas, hórreos, alpendres, bodegas, corrales, etc”.

A marca de Paltrow, ademais de recomendar a compra, inclúe a citada aldea na súa sección “Guía de agasallos ridículos pero incribles”, xunto con outros produtos extravagantes como unha “lámpada banana” de 340 dólares, unha viaxe en globo sobre o Everest por 5.950 dólares, unha táboa de surf da marca de luxo Hermès por 7.700 dólares ou papel para lear tabaco feito con ouro de 24 quilates por 55 dólares.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies