Rolda de prensa da concelleira Concha Fernández // Imaxe: https://twitter.com/PazodeRaxoi

Compostela organiza a III Xornada sobre a situación das persoas sen fogar

As xornadas que abordan o senfogarismo en Compostela chegan a súa 3ª edición coa vista posta na análise da situación da vivenda.

Este pasado mércores presentábase en rolda de prensa a xornada “ABORDAXE DO SENFOGARISMO EN COMPOSTELA: Estado de situación e plans de acción”, que terá lugar o vindeiro xoves 29 de novembro de 2018, no salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (Praza de Mazarelos,s/n). Unha xornada organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Continuando co obxectivo das anteriores edicións, nesta xornada amosaranse experiencias galegas e estatais, como a do País Vasco ou a de Barcelona, sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar. Nesta ocasión poñendo o foco na vivenda e dende unha perspectiva multisectorial, da man de responsables e persoal técnico de diversas entidades. Ademais, nesta xornada será presentado o Plan Municipal de Atención Integral ás Persoas en Situación de Senfogarismo.

Esta xornada busca a participación principalmente de colexios profesionais, estudantado, persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como calquera persoa interesada na análise e situación das persoas sen fogar.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies