Imaxe: Twitter Lidia Senra

Lidia Senra organiza na Coruña unhas xornadas sobre o auxe extrema dereita

Expertas de Australia, Reino Unido, Andalucía, Euskadi e diferentes puntos de Galicia analizan estes días como facerlle fronte ao auxe do neofascismo e da extrema dereita en Europa.

Numerosas persoas expertas en politoloxía, avogadas, sindicalistas, xornalistas e representantes de movementos sociais de Reino Unido, Viena, Euskadi, Andalucía e diferentes puntos de Galicia analizan hoxe a situación actual de auxe das forzas de extrema dereita, a propagación dos discursos de odio e a consecuente perde de dereitos e liberdades na sociedade.   

O obxectivo destas xornadas é, para a eurodeputada Lidia Senra, “ estar informado e debater, así como saber que significan e que propoñen os grupos de extrema dereita para impedir a formación de gobernos autoritarios e de extrema dereita, que teñen como obxectivos quitar os dereitos ás mulleres, reformas laborais para aplicarlle á clase traballadora as medidas máis duras do neoliberalismo e políticas que vulneran os dereitos humanos”.

Senra aseguraba que “non podemos permitir que se continúen dando pasos atrás nos avances sociais logrados con tantísimo esforzo e coa loita de moitos anos e moita xente. A extrema dereita, o capitalismo e o patriarcado van a día de hoxe da man para tentar botar abaixo os dereitos e as liberdades conquistadas nas últimas décadas”.

O evento conta coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Universidade da Coruña.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies