O paro sube en Galicia mentres baixa en España

O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego acadou as 170.369 tras subir no mes de novembro en Galicia en 625 persoas (0,37%) respecto ao mes anterior.

Segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, no último ano o paro diminuíu na Comunidade nun total de 16.806.  

Pola súa banda, o número de paradas rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal acadou os 3.252.867 tras baixar en novembro en 1.836 persoas respecto ao mes anterior, marcando o primeiro descenso nun penúltimo mes do ano dende 2015 e manténdose nos seus niveis máis baixos dos últimos nove anos.   

Na taxa mensual, o paro sobe en tres das catro provincias galegas: 202 desempregadas máis en Lugo (1,23%), 524 máis en Pontevedra (0,79%), e 233 máis na Coruña (0,35%). En Ourense descende, con 334 paradas menos.

En toda a Comunidade, o desemprego afecta a 72.301 homes e 98.068 mulleres. Do total, 8.677 son menores de 25 anos.

En relación aos contratos, do total de máis de un millón, 92.369 (9,15%) son indefinidos e 917.506 (90,85%) temporais.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies