Amigos da Terra inicia en Ourense a campaña #OperaciónPlasticOff
A organización ecoloxista pretende visibilizar, con esta campaña a nivel estatal, o problema dos residuos abandonados e reivindicar solucións.
Cunha limpeza na zona do parque de Montealegre, un espazo de gran interese natural da cidade de Ourense pero moi degradado pola presenza do ser humano, Amigos da Terra realizará unha recollida reivindicativa de lixo, acción para a que contará coa colaboración do grupo de Scout ILEX 695 e activistas da organización.
Con esta campaña, que se inicia o sábado, 3 de novemebro, ás 10:00h, pretenden concienciar sobre quen son os verdadeiros culpables da contaminación do plástico en todo o planeta e poñer o foco nas empresas que fomentan o sistema de “usar e tirar”, polo que animan a activistas e cidadanía a mobilizarse por un modelo de consumo sen plásticos.
Responsabilizar a la ciudadanía del problema de los plásticos no lo soluciona. Para acabar con él, son las empresas las que tienen que modificar el sistema lineal de producir-usar-tirar. ¡Únete a #OperaciónPlasticOff! #VivirSinPlásticos #ResiduoCero https://t.co/0zvMwNoT8R pic.twitter.com/0oMg4n6AUX
— Amigos de la Tierra (@AmigosTierraEsp) October 29, 2018