Imaxe: Twitter Bodegas Martín Códax

Case 500 proxectos musicais optan ás distincións Martín Códax

441 proxectos musicais optan á sexta edición dos premios Martín Códax outorgados pola Asociación Músicas ao Vivo.

Sonia Lebedynski, presidenta da Asociación, explica que “441 inscritos amosan o indiscutíble potencial e diversidade musical de Galicia e afianza Músicas ao Vivo como a casa común das músicas e músicos galegos”.

Nesta ocasión, cóntanse, entre outros, 53 proxectos de rock e 47 de pop, indie e autora, o que indica, segundo a organización “o bo momento que vive Galicia nestes estilos, con propostas de calidade internacional”. Tamén se conta con 39 nomes en folk e tradicional, 33 en músicas do mundo, 24 en jazz, 23 en infantil, 21 en electrónica, 19 en metal e en clásica, 18 en blues e tamén en funk, 16 en reggae e ska, 14 en músicas urbanas, 8 en coros e sete en músicas de verbena.

Destes candidatos escolleranse tres finalistas por categoría, polo que 45 propostas chegarán á final. A gala de entrega de premios da sexta edición dos Martín Códax será o 8 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies