Alcoa anuncia o peche da súa instalación na Coruña
A multinacional do aluminio anuncia o peche da súa fábrica, o que suporá un duro golpe a nivel laboral e industrial para a comarca coruñesa, pero tamén para Galicia en xeral.
O argumento no que se basean para xustificar o peche é o elevado prezo da electricidade, a menor capacidade de produción das plantas, unha tecnoloxía menos eficiente e elevados custos fixos, entre outros.
O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, anunciou a “resposta inmediata” do persoal ante o anuncio do despido colectivo, que se traduciu no bloqueo da fábrica para que non puidera saír material. Aseguraba Corbacho que dende 2011 teñen estes problemas “e estamos un pouco cansos, o cadro de persoal permaneceu paciente e con tranquilidade buscando unha solución pero tócanos falar a nós agora”. Para o persoal, esta situación ten causas creadas pola propia multinacional “e pola inacción do Goberno central e da Xunta de Galicia”.
Reaccións políticas inmediatas
O presidente da Xunta califiou o anuncio como “malas noticias” e anuncio que se coordinará co goberno de Asturias na defensa das fábricas, aproveitando tamén para verter críticas sobre o executivo central de Pedro Sánchez.
Moi preocupado polo futuro dos traballadores de Alcoa. Esta mesma semana reunireime co presidente de @GobAsturias para actuar de xeito coordinado e pedir ao Goberno central que se busquen solucións como as que se lograron nos últimos anos. ANF https://t.co/flNRXtmKr5
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) October 17, 2018
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, manifestou “poñerse a disposición do cadro de persoal de Alcoa para facer fronte común en defensa do emprego e pola continuidade da actividade da planta”, anunciando a convocatoria dun pleno extraordinario e pedindo “un posicionamento unánime tanto na cidade como na Xunta e no Estado”.
O alcalde trasladou hoxe o seu apoio aos e ás traballadoras da Alcoa ante o anuncio do posible peche da factoría coruñesa e indicou a necesidade de que todas as administracións públicas artellen unha fronte común para reivindicar a necesidade da pervivencia da fábrica na cidade. pic.twitter.com/qQboNf48cK
— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) October 17, 2018
Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, “Alcoa é unha demostración máis de que a política enerxética en Galicia ten que ser outra, porque non se están aproveitando os nosos recursos para que xeren riqueza aquí, e os postos de traballo de Alcoa son riqueza”. Dende En Marea esixirase a comparecencia “dos nosos responsables da Xunta, porque non ten sentido que sendo Galicia produtora de electricidade as súas empresas teñan que pechar polo custo da enerxía”.
Estamos cos @TraballadoAlcoa, pedimos a comparecencia dos responsables da Xunta porque non ten sentido que sendo a Galicia produtora de electricidade as súas empresas teñan que pechar polo coste da enerxía @enmarea pic.twitter.com/EHGFTxeQ4O
— Luís Villares (@VillaresLuis) October 17, 2018
Ana Pontón, a voceira do BNG manifestaba que “que se vete a tarifa eléctrica galega mentres hai empresas nas que perigan centos de postos de traballo polo preo da electricidade é un disparate”.
#NaWeb @anaponton Feixóo ten que poñerse as pilas para evitar o peche de #Alcoa e garantir o 100% dos empregos da Coruña.https://t.co/H1ol6QuTcA
— BNG (@obloque) October 17, 2018
O secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou todo o seu apoio aos traballadores de Alcoa, asegurando que “fai falla o compromiso de tódolos responsables públicos, tamén dunha Xunta ausente en política industrial, para promover unha senda de futuro que manteñan o emprego na Coruña e en Avilés”.
🔴Todo o noso apoio aos traballadores de Alcoa ante a información trasladada hoxe pola empresa. Fai falla o compromiso de todos os responsables públicos, tamén dunha Xunta ausente en política industrial, para promover unha senda de futuro que manteña o emprego na Coruña e Avilés.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) October 17, 2018
Comisións Obreiras (CCOO) rexeita o peche da factoría de Alcoa na Coruña, ao tempo que se solidariza cos compañeiros e compañeiras de Avilés (Asturias), aos que a multinacional anunciou a mesma medidahttps://t.co/3jOqjEH8SA pic.twitter.com/i0wWOYds16
— S.N. de CCOO Galicia (@ccoogalicia) October 17, 2018