Imaxe: https://enmarea.gal

En Marea desminte que teña un acordo con Podemos para as próximas eleccións

Ante as informacións aparecidas onte da candidatura de Podemos encabezada por Pablo Bustinduy, na que xa aparecen outros nomes como Idoia Villanueva ou Miguel Urbán, dende a coordinadora de En Marea, apostan pola democracia radical e o poder das súas bases, subliñan que serán as persoas inscritas as que decidan cómo será a concorrencia da formación ás eleccións europeas.

A concorrencia ás eleccións europeas foi un dos temas tratados nos encontros provinciais e tratarase no plenario do 27 de outubro, apostando a tese oficial pola alianza con outras forzas pero “deixando claro que serán as bases as que decidan, en última instancia sobre a convenencia duns ou outros socios”.

Afirman dende a formación ruturista que En Marea é “un espazo soberano, un partido instrumental, tal e como se aprobou no plenario de Vigo, e non naceu para ser un mero espectador ante os intereses de parte doutras forzas, senón para decidir, mediante os órganos dos que está dotada, o seu propio destino”. 

O máximo órgano de dirección de En Marea é o seu plenario, aseguran dende a coordinadora, sendo aí onde se toman as decisións relevantes, e non en xuntanzas de cúpulas.

Dende a coordinadora de En Marea aseguran rotundamente que non houbo ningunha reunión cos actores do Grupo Confederal das cortes españolas na que se tratase este tema, pois “o Consello das mareas non está mandatado, polo momento, polas bases para levar a cabo este tipo de negociacións”. 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies