Nepotismo e militares: a aposta de Vox en Galicia
Unha tía de Santiago Abascal será a candidata da formación ultra por Ourense.
Santiago Abascal, líder de Vox, presentará a unha tía súa como cabeza de lista na provincia de Ourense. O presidente de Vox tira de familia seguindo unha estratexia coa que lle foi ben a Baltar e ao Partido Popular en Ourense.
Abascal, coloca así a Begoña Conde, unha irmá da súa nai como número 1 por Ourense e está presita que o propio presidente de Vox acuda a Ourense a presentala. A candidata que apenas ten vinculación coa provincia xa que reside e traballa en Vitoria onde xa fora nas listas do Partido Popular nas eleccións municipais no Concello de Amurrio (Araba). A pesar disto, o responsable de Vox en Ourense non se cortou en loubar á súa candidata indicando que coñece os problemas de Ourense e a súa vinculación con Galicia.
Exército
Novamente a formación ultranacionalista pesca nas augas do exército. Antonio Budiño, xeral na reserva, será o cabeza de lista por Pontevera. Budiño é xeral de División do exército de terra, ten 68 anos e súmase ao elenco de militares que se presentan baixo as siglas do partido ultra.
Outros candidatos
A formación de Abascal valora presentar ao avogado Miguel Ángel Fernández pola provincia da Coruña mentres que por Lugo o primeiro posto da lista sería para Juan M Abascal Castañón, que ademais de compartir apelido co líder da formación vive e desenvolve a súa actividade empresarial en Madrid.
Polo Senado Vox contará cun garda civil xubilado, un cirurxán que traballou en Madrid e unha profesora dun colexio de monxas.
A profesora de @franciscanasOU María Cristina Bravo Bosch, número 1 ao Senado por Ourense polo partido de extrema dereita fascista Vox. pic.twitter.com/sdVLefATQs
— Baltar Padre (@BaltarPadre) March 26, 2019