Imaxe: http://www.pp.es

Pablo Casado quere derrogar a lei do aborto

O líder do Partido Popular amosouse partidario de derrogar a actual lei do aborto e volver á aprobada en 1985. Xustifica a súa decisión en que “non había necesidade de cambiar”.

Nunha entrevista concedida á axencia EFE o presidente do PP indicou que a lei actual, aprobada en 2010, “a cambiaría enteira” e volvería máis de trinta anos atrás para volver a poñer en vigor a lei do aborto de 1985.

Para xustificar a súa ofensiva contra as mulleres, Casado mezclou o aborto coas pensións para tratar de artellar unha especie de relato de que o número de abortos é o que vai facer desaparecer o sistema público de pensións ou, incluso, xustificar poida baixar a súa contía porque nacería menos xente para poder traballar e sufragar o sistema. “Tenemos que hacer un análisis de qué sociedad estamos construyendo y, sobre todo, que eso a la izquierda se le da muy mal, si queremos financiar las pensiones y la salud debemos pensar en cómo tener más niños y no en como los abortamos”, foi o seu razoamento.

Fuxida do fracaso

Casado tratou de fuxir das mobilizacións e situacións que propiciaron a retirada da reforma da lei do aborto de Alberto Ruíz Gallardon para afastarse da imaxe da derrota que as mulleres infrixiron ao goberno de Rajoy hai cinco anos que provocou a dimisión do ex ministro e tratou de distanciarse desa imaxe. “Iba más alla de volver a la de 1985” e “non es equiparable a lo que plantearía ahora el PP”, declarou para describir aquela derrota e xustificar o novo embate contra o dereito das mulleres a dispoñer do seu corpo.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies