Imaxe: http://www.pp.es

Pablo Casado era o asistente de Aznar cando exerceu de mediador co goberno de Gadafi

Exerceu como asistente do ex presidente e recibía as comunicacións entre Aznar e o goberno de Muamar el Gadafi.

Befesa, unha empresa filial do grupo Abengoa, contratou a José María Aznar no ano 2010 para negociar co goberno de Gadafi e conseguir a adxudicación duns contratos para desaladoras en Libia. As boas relacións do ex presidente co goberno libio foi considerado pola empresa para conseguir o permiso e así materializar a adxudicación. O propio Aznar declarou que a remuneración como mediador fora perfectamente tranparente e que incluso chegou a declarala e tributar por ela en Facenda.

As oficinas de Aznar tiñan como asistente a Pablo Casado e era quen recibía as comunicacións co goberno de Gadafi. O propio Casado quitoulle ferro ao seu traballo de entón xustificando que Gadafi non era considera un ditador e que o seu traballo era un simple formalismo.

Mediadores e relatores

Pablo Casado cargou hai uns días contra Pedro Sánchez por crear a figura de relator que se daría nunha suposta mesa negociadora para resolver o conflicto catalán. A sarta de calificativos que o líder do Partido Popular botou sobre Pedro Sánchez poden volvérselle na contra unha vez coñecido que o posto que provocou que Casado cargara contra o presidente do goberno garda unha gran similitude cun traballo que casado exerceu hai aproximadamente oito anos.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies