A CNMC sanciona a Jiménez Losantos polas declaracións de odio contra Alemaña

A Comisión Nacional de Mercados e da Competencia ven de impoñer unha multa de 15.000 euros a Libertad Digital polas declaracións do Federico Jiménez Losantos.

Losantos dixera no seu programa de radio que “el ratón al gato le puede hacer toda clase de fechorías, toda clase de fechorías. En Baleares, ¡todas! En Baleares hay como doscientos mil alemanes de rehenes. ¿En Baviera?, bueno en Baviera pueden empezar a estallar cervecerías”.

A sanción está motivada por esas declaracións que a comisión considera como incitación ao odio e tamén que constitúen unha discriminación por nacionalidade.

Libertad Digital poderá interpoñer un recurso ante a Audiencia Nacional nun prazo de dous meses.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies