Bélxica denega a extradición do rapeiro Valtonyc

A xustiza belga considera que as letras das cancións están amparadas pola liberdade de expresión.

O xulgado de Gant denegou a eurorde que emitira a Audiencia Nacional contra Valtonic coa que pretendía que fora extraditado para ser xulgado por amezas, inxurias contra a coroa e enaltecemento do terrorismo ao considerar que as letras das cancións están amparadas na liberdade de expresión.

No pasado o Tribunal Constitucional non admitira o recurso de amparo de Valtonyc.

Bélxica volve deixar novamente en evidencia a xustiza española cun novo caso que denega a entrega a España por non considerar que se dea o caso de dobre incriminación, isto é, que o que se considera delicto en España non o é en Bélxica. Pola súa banda, a Fiscalia belga apelará a decisión do xuíz e conta con 24 horas para anunciar o recurso.

As reaccións nas redes sociais non se fixeron esperar e o rapeiro xa compartío varios chíos cos seus seguidores:

 

 

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies