Recuperan un tramo histórico do camiño francés

O vindeiro 10 de febreiro retomase o uso do tramo histórico do camiño francés Arzúa-Quión-Amenal.

Nesa xornada, segundo explican dende Amigos do Camiño Histórico, percorrerase a ruta a pé dende Preguntoño ata O Pedrouzo, 21 km aproximadamente. Esta ruta discorre por diversos puntos dos concellos de Arzúa, Touro e O Pino, por onde alterna pequenas estradas pouco transitadas con antigos camiños de gran interese patrimonial.

O ICOMOS, organismo da UNESCO, publicou recentemente un informe no que instaba á Xunta de Galicia a recoñecer esta alternativa do camiño francés e recuperala como camiño de peregrinación.

Antecedentes históricos

Esta variante histórica pode ter relación coa importancia que tivo este itinerario moito antes de que se construíse a catedral de Santiago. O investigador Benito Saéz Taboada, no seu libro “Las comunicaciones romanas en la provincia de A Coruña”, sitúa a vía romana XIX no entorno por onde discorría este trazado. Tamén está reflectido no mapa do xeógrafo Domingo Fontán. Esta continuidade histórica reflicte que este itinerario non perdeu interese ao longo de centos de anos, e que serviu de camiño de peregrinaxe tal e como acredita ICOMOS.  

Trazado: : https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/camino-de-santiago-tramo-historico-arzua-quion-amenal-32468247

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies