O Auriense F.G. suma e segue: vitoria na casa contra Cambados
O pasado domingo ás 16:30h. no sintético da Universidade tivo lugar o enfrontamento entre o Auriense masculino e o Cambados FG.
O partido comezou trabado con alternancias na ofensiva, pero o maior acerto por porta do Auriense fixo que o marcador no descanso reflexase unha vantaxe de 10 puntos para a equipa local. Tralo descanso, o grupo ourensán impúxose no aspecto físico e mellorando considerablemente a puntería, sendo o resultado final de 07-12 (33) Auriense – 03-01 (10) Cambados.
Con este resultado, 3 vitorias en tres encontros, o equipo ourensán aúpase aos primeiros postos da clasificación. O vindeiro domingo visitarán ao actual campión de Copa, o Estrela Vermella de Santiago de Compostela, que acaba de participar no Europeo de Maastrich, quedando en sétima posición.
Comezo da liga feminina
O vindeiro domingo de novo entra en xogo o Auriense feminino. Nunha das ligas máis igualadas dos últimos anos, o equipo ourensán aspira a todo, cunha renovación importante pero mantendo o bloque base do ano pasado. O rival, Estrela Vermella, que tamén ven de disputar con igual resultado o europeo de Maastrich, será un equipo complicado, nun encontro que promete ser intenso e con múltiples alternativas no marcador.
Os nosos rapaces venceron hoxe 7-12(33) vs 3-01(10), frente ao equipo de fútbol de gaélico de Cambados. 🏐 pic.twitter.com/82BjD9Cvsz
— Auriense FG (@AurienseFG) October 21, 2018