O cantautor Miguel Alonso publica ‘Literaria’, o seu terceiro disco

O cantautor ferrolán afincado en Ames publica o seu terceiro disco onde musica poemas de autores galegos actuais.

Literaria é o novo disco de Miguel Alonso, no que musica once poemas de diferentes poetas en lingua galega. Así, os versos de Xavier Frías, Miguel Alonso Diz, Iolanda Aldrei, Marta Dacosta, María Castelo, Xosé Iglesias, María José Fernández, Toño Núñez e Ramiro Vidal transfórmanse en cancións do repertorio do cantautor galego que estará o próximo 18 de xaneiro en Negreira ás 22:30 na Bodeguilla presentando o seu novo traballo e xa no vindeiro mes de febreiro farao o día 16 de febreiro ás 19:30 horas no Mimosa Café Teatro de Vigo.

 

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies