O dinosauro que encandilou á San Martiño 2018

Un corredor disfrazado causou admiración entre todas as persoas que participaron ou se achegaron a contemplar a Carreira Pedestre Popular do San Martiño, en Ourense.

Como nun dos mellores espectaculos organizados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Xurásico tomou parte este domingo no evento deportivo máis importante da cidade das Burgas, a Carreira Popular Pedestre do San Martiño.

As redes sociais fixeronse eco do espectáculo e o dinosaurio deixouse ver polas contas de twitter e whatsapp de centos de persoas.

En canto aos resultados da proba a victoria na categoría feminina foi para Solange Pereira, cun tempo de 34 minutos e 45 segundos, mentres que Alejandro Fernández na categoría masculina alzaríase co triunfo parando o crono nos 30 minutos e 30 segundos despois dunha espectacular remontada nos derradeiros kilómetros. En canto á categoría escolar, consistente nunha proba de 4,7 kilómetros, os gañadores foron Elsa Pena cun tempo de 17’42’’ e Hugo García rematando en 14’57’’.

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies