Cartaz da campaña 'O baloncesto educa'

‘O baloncesto educa’: Un proxecto para fomentar boas prácticas no deporte

‘O baloncesto educa’ é un proxecto educativo impulsado pola Federación Galega de Baloncesto, coa colaboración de oito clubes de diferentes puntos de Galicia, que busca medrar a través do fomento dos valores e premiar os comportamentos positivos e respectuosos no baloncesto de base.

Entre os primeiros clubs convidados a dar vida a este proxecto, que aspira a estenderse no tempo e poder contar cunha maior participación en vindeiras tempadas, atópanse o R.C. Celta Baloncesto, Escola Basket Xiria, CB Sarria, CB.Arxil, AD Valle Inclán, Bosco Salesianos Ourense, Club Carmelitas Vedruna Ourense e Club Baloncesto Costa Ártabra. 

Na súa estrea nesta tempada, segundo explican dende a organización, “tomaranse como referencia un equipo de categoría minibasket de cada un dos oito clubs participantes, conformando xunto a eles, con adestradores e familias, a primeira peza dun puzzle que completarán os árbitros e persoal mediador elixido pola FGB para dirixir esta estrutura”.  

Todos estes implicados pasarán a ser parte dun traballo de formación, concienciación e avaliación que comezará o vindeiro 19 de novembro. Cun calendario de reunións marcadas previamente, aseguran “analizarán comportamentos, reaccións e decisións tomadas por todos durante os partidos de competición oficial”, para despois de reflexionar, “validalas en forma de puntos, que irán acumulándose nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso”.  

Deixar unha resposta

Este sitio web utiliza cookies para que teñas unha mellor experiencia de usuario. Ao continuar a navegar estás dando o seu consentimento para a aceptación das ditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pica na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies